No DAISY Consortium, as boas prácticas desenvólvense para publicadores e autores para proporcionar descricións extendidas (longas).
As boas prácticas utilizan o elemento HTML details que siga a imaxe, ou unha ligazón a outro arquivo que conteña a descrición extendida.
En ambas opcións, o usuario tería que moverse ós detalles ou a ligazón e activala.
Ter un atallo de teclas que poña o foco nos detalles ou na ligazón sería ideal.
As nosas boas prácticas recomendan que os detalles ou a ligazón sigan inmediatamente á imaxe, e se se segue a ligazón, débese proporcionar un botón atrás exactamente á mesma ubicación. Isto asegura que o usuario non se perderá.
Porén, é probable que os autores, na práctica, coloquen a descrición extendida (longa) case en calquera lugar. Neses casos, o usuario querería volver á imaxe, e de aí a necesidade dunha maneira de volver á imaxe orixinal.
Este complemento proporciona ambas características, en soporte desta incidencia aberta no repositorio de NVDA.
As ordes anteriores pódense modificar dende o menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo de Xestos de entrada, categoría Modo exploración.
[[!tag dev stable]]