Control Usage Assistant
- Author: Joseph Lee, Noelia Ruiz Martínez
Utiliza este complemento para atopar como interactuar co control enfocado.
Preme NVDA+H para obter unha mensaxe curta de axuda na interacción co
control enfocado, como caixas de verificación, campos de edición etc.
Vai ó menú de NVDA, submenú Preferencias, diálogo Opcións, categoría Control
Usage Assistant para configurar as opcións do complemento:
- Mensaxes automáticas para o foco: Marcada por defecto.
- Escribe a mensaxe que se utilizará cando un obxecto poida ser activado:
Poderías incluír unha mensaxe curta indicando o xesto por defecto ou aquel
que configurases para saber se o obxecto ten unha acción asociada cando se
prema NVDA+intro na navegación de obxectos.
- Selecciona modos de saída para mensaxes automáticas: Esta listaxe de
caixas de verificación permite seleccionar fala e braille.
- Cambio de ton para mensaxes automáticas: Este deslizador permite
establecer o cambio de ton cando NVDA lea mensaxes automáticas (de -30 a
+30).
Versión 2023.02.19
- A mensaxe configurada para obxectos clickeables anunciarase despois
doutras propiedades.
- Compatible con NVDA 2023.1.
Versión 2022.07.10
- Engadida a posibilidade de configurar unha mensaxe para a navegación por
obxectos, para anunciar se o obxecto actual se pode activar.
Versión 2022.03.27
- Require NVDA 2022.1 ou posterior.
Versión 22.01
- Engadido soporte para mensaxes automáticas.
- Mellorado o soporte para as mensaxes solicitadas en modo exploración.
Versión 21.10
- Requírese NVDA 2021.2 ou posterior debido a cambios en NVDA que afectan a
este complemento.
Versión 20.10
- As mensaxes de axuda anúncianse en idiomas diferentes do inglés.
Versión 20.06
- Resoltas varias incidencias de estilo do código e erros potenciais con
Flake8.
- NVDA xa non parecerá non facer nada ou reproducirá tons de erro ao tentar
obter axuda para certos controis en modo exploración.
Versión 20.01
- Requírese NVDA 2019.3 ou posterior.
Versión 3.0/19.11
- O esquema de versionado é agora ano.mes.
- Cando se prema NVDA+H, amosarase unha xanela de axuda no canto dunha
mensaxe efímera.
Versión 2.5
Versión 2.1
- Traduccións novas e actualizadas.
Versión 2.0
- Engadidas mensaxes de axuda para máis controis, incluindo a terminal de
windows.
- Engadidas mensaxes para traballar nalgunhas áreas de aplicacións, como
Microsoft Excel e PowerPoint e para a pantalla de inicio do Windows 8.
- Engadidas mensaxes de axuda para traballar cos formularios nos modos
navegar e foco nos documentos do modo virtual (Internet Explorer, Adobe
Reader, Mozilla Firefox, etc.).
- Nova lingua: Danés.
Versión 1.0
[[!tag dev stable]]